Bitácora do departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe As Veigas de Ponteareas (Pontevedra)
xoves, 5 de decembro de 2024
«O consentimento Sexual Explicado con Té»
luns, 18 de novembro de 2024
Chalecos Laranxas: Escóitote
Ao final do curso pasado implementamos como proxecto piloto o Programa Chalecos laranxas: escóitote cos seguintes obxectivos:
1. Escoita entre iguais.
2. Mediación de conflitos.
3. Derivación de conflito non resolto.
Estruturado nas seguintes fases:
- ESCOITAMOS AS PARTES.
- DETERMINAMOS POSIBLES SOLUCIÓNS.
- ACORDAMOS UN PACTO.
venres, 8 de marzo de 2024
Cousas que unha nena ou un neno si precisan!
venres, 23 de febreiro de 2024
Técnica de control de conduta: Economía de fichas
O comportamento problemático na casa pode ser un dos grandes retos a nivel familiar. Existen diversas técnicas que nos poden axudar neses momentos a calmar e reconducir a conduta.
A continuación podedes consultar un vídeo e varias páxinas web que nos explican como empregar a Economía de fichas. O obxectivo principal será cambiar as reaccións a certos episodios e así evitar que se produza un comportamento pouco axeitado.
Páxinas web:
- CONSELLOS para as familias.
- INFOGRAFÍA economía de fichas.
- MODELOS de economía de fichas.
- EXEMPLOS de tarefas que se poden realizar segundo a idade.
venres, 10 de novembro de 2023
Decálogo de uso do móbil
O uso indiscriminado do móbil está a xerar dificultades na mocidade. Xa sexa por empregar o móbil a idades moi temperás, o que limita as interaccións sociais, xa sexa polo exceso de horas que se usan estes dispositivos e sen control, o que está a provocar que se consuman contidos non axeitados para idade das nosas fillas e fillos.
É por iso que unha mamá do cole elaborou un decálogo de uso do móbil que me parece moi interesante compartir con vós.
venres, 24 de marzo de 2023
TIPS PARA APRENDER A APRENDER: A CONCENTRACIÓN
- Marcar un tempo para estudar. Establecer o tempo que precisamos e poñernos un cronómetro.
- Eliminar as distraccións e estudar/realizar as tarefas nun lugar tranquilo.
- Usar algunhas estratexias de concentración como por exemplo:
venres, 10 de marzo de 2023
TIPS PARA APRENDER A APRENDER: O SUBLIÑADO
Continuamos coa serie de tips para axudarnos a aprender, a estudar e a organizar o traballo diario.
Nesta ocasión imos analizar a importancia de identificar os datos tanto dun texto coma dun problema matemático para que iso nos facilite a realización dun estudo activo.
Nos seguintes documentos están desenvoltas as pautas para facilitar a comprensión de diferentes textos.
venres, 3 de febreiro de 2023
TIPS PARA APRENDER A APRENDER: REGLAS MNEMOTÉCNICAS
Cando nos resulta complicado memorizar información ou datos, existen técnicas que nos poden axudar a lembrar.
Unha desas técnicas son as reglas mnemotécnicas. Nos seguintes enlaces podedes atopar diferentes exemplos para que na casa escollades as que mellor lle poden axudar ás vosas fillas e fillos.
Enlace: Reglas nemotécnicas para a para aprender a estudiar mejor
Vídeos
venres, 13 de xaneiro de 2023
TIPS PARA APRENDER A APRENDER: PREPARACIÓN PARA O ESTUDO
Comezamos unha serie de tips para axudarnos a aprender, a estudar e a organizar o traballo diario. O primeiro paso, e se cadra, un dos máis importantes, é aprender a planificarnos, así como ter un lugar específico para estudar e realizar as tarefas diarias, cómodo e sen distractores.
Establecer rutinas e empregar tempos marcados para estas tarefas axudan a adquirir independencia e autonomía.
Nas imaxes que podedes ver a continuación atoparedes unha serie de consellos.
Nas vinderas semanas falaremos sobre:
- Estudo activo.
- Reglas nemotécnicas.
- Subliñado de datos importantes.
- Organización de traballos.
mércores, 7 de decembro de 2022
Como fomentar a atención, concentración, memoria...
Moitas veces queremos reforzar a atención e concentración das nenas e nenos que se distraen con facilidade, ou simplemente, nos apetece xogar en familia. De seguro que pola casa tedes moitos recursos que vos poden axudar. Se pinchades nos enlaces podedes atopar artigos que vos explican os beneficios de cada un dos xogos para mellorar as funcións executivas.
Realizados con regularidade, axudan a establecer rutinas de concentración.
Tamén hai outros xogos educativos que podemos mercar aproveitando a elección de agasallos para estas datas:
venres, 13 de maio de 2022
Nenas e nenos altamente sensibles
É posible que coñezamos a algunha persoa altamente sensible, tanto adulto coma neno ou nena. Poder identificar esta alta sensibilidade pode axudarnos a entender moitas das situacións que se producen no ámbito familiar.
Achego unha serie de arquivos con información sobre as características da alta sensibilidade:
Niños altamente sensibles: cómo son, rasgos, características y cómo actuar
XOGOS A PARTIR DOS 6 ANOS PARA FOMENTAR AS CONVERSAS
A importancia da comunicación na familia e a escola A comunicación dentro da familia é fundamental para manter unha convivencia feliz. Can...
-
Estimadas familias: Dende o CEIP Nosa Señora dos Remedios estamos a poñer en marcha unha Escola de familia dixital, co obxectivo de ir resp...
-
«O consentimento Sexual Explicado con Té» é un vídeo creado pola blogueira Rockstar Dinosaur Pirate Princess , onde nos relata o que é o c...








