«O consentimento Sexual Explicado con Té» é un vídeo creado pola blogueira Rockstar Dinosaur Pirate Princess, onde nos relata o que é o consentimento sexual a través da analoxía de tomar unha taza de té.
A idea principal do vídeo é a explicación que se realiza sobre o consentimento como un acordo básico nas relacións sexuais empregando a retranca, o que nos permite poder usalo co noso alumnado e coas nosas fillas e fillos porque, aínda que pesemos que son demasiado pequenos, o consumo de porno en internet está acontecendo cada vez a idades máis temperás, o que provoca que se normalicen condutas sexuais prexudiciais tanto para ELAS como para ELES.
Aplicacións como Family Link, axúdannos a controlar o tipo de contidos que se poden ver nos dispositivos móbiles, ademais de regular o tempo de uso das pantallas.
No seguinte enlace tedes a Guía de herramientas de control parental, creada polo INSTITUTO NACIONAL DE CIBERSEGURIDADE.
Todas esas medidas son urxentes e necesarias porque como di a campaña "NO A LA BARRA LIBRE DIGITAL", non deixariamos aos nosos fillos e fillas nun lugar así, entón, por que non os protexemos do que poden ver nos seus móbiles?
A chave está en compañar e ensinar a usar!
UNICEF propónvos que acompañedes as vosas fillas e fillos na súa vida dixital: La guía de#SuMayorInfluencer
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.