venres, 10 de novembro de 2023

Decálogo de uso do móbil

O uso indiscriminado do móbil está a xerar dificultades na mocidade. Xa sexa por empregar o móbil a idades moi temperás, o que limita as interaccións sociais, xa sexa polo exceso de horas que se usan estes dispositivos e sen control, o que está a provocar que se consuman contidos non axeitados para idade das nosas fillas e fillos.

É por iso que unha mamá do cole elaborou un decálogo de uso do móbil que me parece moi interesante compartir con vós.



No seguinte enlace podedes consultar un artigo de "Lucía, mi pediatra": ¿A qué edad le doy su primer móvil?



venres, 24 de marzo de 2023

TIPS PARA APRENDER A APRENDER: A CONCENTRACIÓN

Manter a concentración durante o estudo ou na realización de tarefas é fundamental para que as estratexias que empreguemos nos resulten eficaces. De nada nos serve subliñar os datos importantes, debuxar a información, empregar reglas mnemotécnicas... se non estamos concentrados no que estamos a realizar.

Algunhas das estratexias do estudo activo para fomentar a atención son:
  • Marcar un tempo para estudar. Establecer o tempo que precisamos e poñernos un cronómetro. 
  • Eliminar as distraccións e estudar/realizar as tarefas nun lugar tranquilo.
  • Usar algunhas estratexias de concentración como por exemplo:





Para mellorar a concentración tamén é bo realizar exercicios de relaxación, como por exemplo O Método de Koeppen:


venres, 10 de marzo de 2023

TIPS PARA APRENDER A APRENDER: O SUBLIÑADO

Continuamos coa serie de tips para axudarnos a aprender, a estudar e a organizar o traballo diario.

Nesta ocasión imos analizar a importancia de identificar os datos tanto dun texto coma dun problema matemático para que iso nos facilite a realización dun estudo activo.

Nos seguintes documentos están desenvoltas as pautas para facilitar a comprensión de diferentes textos.





venres, 3 de febreiro de 2023

TIPS PARA APRENDER A APRENDER: REGLAS MNEMOTÉCNICAS

Cando nos resulta complicado memorizar información ou datos, existen técnicas que nos poden axudar a lembrar.

Unha desas técnicas son as reglas mnemotécnicas. Nos seguintes enlaces podedes atopar diferentes exemplos para que na casa escollades as que mellor lle poden axudar ás vosas fillas e fillos.

Enlace: Reglas nemotécnicas para a para aprender a estudiar mejor

Vídeos

venres, 13 de xaneiro de 2023

TIPS PARA APRENDER A APRENDER: PREPARACIÓN PARA O ESTUDO

 

Comezamos unha serie de tips para axudarnos a aprender, a estudar e a organizar o traballo diario. O primeiro paso, e se cadra, un dos máis importantes, é aprender a planificarnos, así como ter un lugar específico para estudar e realizar as tarefas diarias, cómodo e sen distractores. 

Establecer rutinas e empregar tempos marcados para estas tarefas axudan a adquirir independencia e autonomía.

Nas imaxes que podedes ver a continuación atoparedes unha serie de consellos.





Nas vinderas semanas falaremos sobre:

  • Estudo activo.
  • Reglas nemotécnicas.
  • Subliñado de datos importantes.
  • Organización de traballos.

Cousas que unha nena ou un neno si precisan!

  Pinchando na imaxe accédese a un vídeo no que podemos ver o que si precisan en realidade as nosas fillas e fillos! Ás veces precisamos ref...