mércores, 7 de decembro de 2022

Como fomentar a atención, concentración, memoria...


 Moitas veces queremos reforzar a atención e concentración das nenas e nenos que se distraen con facilidade, ou simplemente, nos apetece xogar en familia. De seguro que pola casa tedes moitos recursos que vos poden axudar. Se pinchades nos enlaces podedes atopar artigos que vos explican os beneficios de cada un dos xogos para mellorar as funcións executivas.

Realizados con regularidade, axudan a establecer rutinas de concentración.

Tamén hai outros xogos educativos que podemos mercar aproveitando a elección de agasallos para estas datas:

Na seguinte páxina podedes atopar ideas de xoguetes educativos por idades:
Sen esquecer que tamén hai app que son educativas:



venres, 13 de maio de 2022

Nenas e nenos altamente sensibles

É posible que coñezamos a algunha persoa altamente sensible, tanto adulto coma neno ou nena. Poder identificar esta alta sensibilidade pode axudarnos a entender moitas das situacións que se producen no ámbito familiar.

Achego unha serie de arquivos con información sobre as características da alta sensibilidade:


Niños altamente sensibles: cómo son, rasgos, características y cómo actuar




venres, 1 de abril de 2022

O xogo do silencio de Montessori

Jennifer Delgado comeza o artigo sobre o Xogo do silencio do seguinte xeito:

O ruído constante pode xerar irratibilidade, frustración, confusión e incluso a sensación de bruma mental. Tanto o cerebro adulto coma o infantil precisan momentos de paz para descansar, recuperar a calma e concentrarse. Pola contra, no mundo no que vivimos cada vez estamos máis invadidos polo son e os estímulos constantes, polo que resulta difícil atopar eses momentos de tranquilidade.

Para axudarnos a topalos, tanto para familias coma para docentes, propón o xogo do silencio que podedes consultar no seguinte enlace:


O xogo do silencio de Montessori



venres, 25 de febreiro de 2022

Que facer para que a miña filla ou fillo me faga caso

 

Na bitátocora Famila y cole, Jesús Jarque publica un artigo no que fala das situacións nas que as fillas ou fillos non nos fan caso. 

"-“José Miguel apaga la luz del baño”; “José Miguel recoge tus juguetes... ven a comer... baja la tele... límpiate los dientes..”.

Pero José Miguel no apaga la luz, los juguetes los termina recogiendo ella y se hace “el sueco” para limpiarse los dientes antes de dormir.  Al final solo consigue que obedezca si le grita o le amenaza."

Para tentar revertir esta situación, dános unha serie de consellos.










venres, 18 de febreiro de 2022

Bo uso dos dispositivos dixitais

Preocúpache que a túa filla ou o teu fillo estea demasiado tempo diante das pantallas?

Estás pensando en darlle o primeiro móbil e non sabes como afrontalo?

Estás a facelo ben se lle deixas o teu móbil á túa filla ou fillo de 2 anos?

Se che preocupa o uso da tecnoloxía que fan as túas fillas ou fillos e queres saber como podes educalos neste mundo dixital en función da súa idade, apúntate ao curso online que organiza Campus FAD.

Curso Familia e pantallas



venres, 4 de febreiro de 2022

TRASTORNO DA LINGUAXE OU RETRASO DA LINGUAXE?

Pediatras e Logopedas están observando con preocupación o aumento de dificultades na adquisición da linguaxe das nenas e nenos debido ao uso das mascarillas por parte dos adultos e da escasa socialización que teñen cos seus iguais.

Consciente desta dificultade e doutras que afectan ás nosas fillas e fillos, Begoña Goberna, mamá dunha exalumna do cole, creou unha bitácora na que pretende desmontar mitos sobre cuestións que moitas veces temos encasuladas en tabús.

Hoxe achégovos o enlace do artito Trastorno da linguaxe ou retraso da linguaxe?, pero convídovos a que naveguedes pola súa bitácora e profundicedes nos seus artigos.

Trastorno da linguaxe ou retraso da linguaxe?


venres, 21 de xaneiro de 2022

Habilidades para que as nosas fillas e fillos teñan éxito na vida

 Esta semana imos falar sobre as habilidades que as nosas fillas e fillos deben desenvolver para triunfar na vida.

O éxito vai máis alá de sacar boas notas no colexio e as habilidades para conseguilo vanse adquirindo ao longo da nosa vida. Como nais e pais podemos botarlles unha man para que o camiño lles sexa máis fácil de percorrer. 

No seguinte enlace, Carolina García dános unhas orientacións: 

Estas son las habilidades que tus hijos necesitan aprender para triunfar


venres, 14 de xaneiro de 2022

Que facer (e non facer) ante a ansiedade dos nosos fillos e fillas

 Achégovos un artigo con recomendacións sobre o que hai que facer e o que non hai que facer cando os nosos fillos e fillas teñen ansiedade escrito por Clark Goldstein, PhD.

Aínda que o artigo fala sobre ansiedade crónica, tal e como está a situación actual é de gran utilidade para momentos puntuais de estrés infantil.

Para ler o artigo, pinchade no seguinte enlace https://childmind.org/es/articulo/que-hacer-y-no-hacer-cuando-los-ninos-estan-ansiosos/

Cousas que unha nena ou un neno si precisan!

  Pinchando na imaxe accédese a un vídeo no que podemos ver o que si precisan en realidade as nosas fillas e fillos! Ás veces precisamos ref...