venres, 25 de febreiro de 2022

Que facer para que a miña filla ou fillo me faga caso

 

Na bitátocora Famila y cole, Jesús Jarque publica un artigo no que fala das situacións nas que as fillas ou fillos non nos fan caso. 

"-“José Miguel apaga la luz del baño”; “José Miguel recoge tus juguetes... ven a comer... baja la tele... límpiate los dientes..”.

Pero José Miguel no apaga la luz, los juguetes los termina recogiendo ella y se hace “el sueco” para limpiarse los dientes antes de dormir.  Al final solo consigue que obedezca si le grita o le amenaza."

Para tentar revertir esta situación, dános unha serie de consellos.










venres, 18 de febreiro de 2022

Bo uso dos dispositivos dixitais

Preocúpache que a túa filla ou o teu fillo estea demasiado tempo diante das pantallas?

Estás pensando en darlle o primeiro móbil e non sabes como afrontalo?

Estás a facelo ben se lle deixas o teu móbil á túa filla ou fillo de 2 anos?

Se che preocupa o uso da tecnoloxía que fan as túas fillas ou fillos e queres saber como podes educalos neste mundo dixital en función da súa idade, apúntate ao curso online que organiza Campus FAD.

Curso Familia e pantallas



venres, 4 de febreiro de 2022

TRASTORNO DA LINGUAXE OU RETRASO DA LINGUAXE?

Pediatras e Logopedas están observando con preocupación o aumento de dificultades na adquisición da linguaxe das nenas e nenos debido ao uso das mascarillas por parte dos adultos e da escasa socialización que teñen cos seus iguais.

Consciente desta dificultade e doutras que afectan ás nosas fillas e fillos, Begoña Goberna, mamá dunha exalumna do cole, creou unha bitácora na que pretende desmontar mitos sobre cuestións que moitas veces temos encasuladas en tabús.

Hoxe achégovos o enlace do artito Trastorno da linguaxe ou retraso da linguaxe?, pero convídovos a que naveguedes pola súa bitácora e profundicedes nos seus artigos.

Trastorno da linguaxe ou retraso da linguaxe?


venres, 21 de xaneiro de 2022

Habilidades para que as nosas fillas e fillos teñan éxito na vida

 Esta semana imos falar sobre as habilidades que as nosas fillas e fillos deben desenvolver para triunfar na vida.

O éxito vai máis alá de sacar boas notas no colexio e as habilidades para conseguilo vanse adquirindo ao longo da nosa vida. Como nais e pais podemos botarlles unha man para que o camiño lles sexa máis fácil de percorrer. 

No seguinte enlace, Carolina García dános unhas orientacións: 

Estas son las habilidades que tus hijos necesitan aprender para triunfar


venres, 14 de xaneiro de 2022

Que facer (e non facer) ante a ansiedade dos nosos fillos e fillas

 Achégovos un artigo con recomendacións sobre o que hai que facer e o que non hai que facer cando os nosos fillos e fillas teñen ansiedade escrito por Clark Goldstein, PhD.

Aínda que o artigo fala sobre ansiedade crónica, tal e como está a situación actual é de gran utilidade para momentos puntuais de estrés infantil.

Para ler o artigo, pinchade no seguinte enlace https://childmind.org/es/articulo/que-hacer-y-no-hacer-cuando-los-ninos-estan-ansiosos/

luns, 20 de decembro de 2021

4 agasallos

Chegado o momento de decidir os agasallos destas festas, os expertos recomendan seguir a regla dos 4 agasallos, ou cando menos, que os catro tipos de agasallos estean presentes nos paquetes que as nosas fillas e fillos van desempaquetar con ilusión e así evitar que reciban un exceso de xoguetes.



Normas de uso de Whatsapp

Whatsapp é unha ferramenta moi útil para comunicarnos na nosa vida privada, no traballo, a nivel escolar..., pero que como en calquera interacción social, require dunhas normas de bo uso para que non se produzan situacións ofensivas, insultos ou difamacións. 

Neste sentido, o sindicato ANPE lanzou unha campaña na que nos achega un decálogo de boas prácticas de uso de Whatsapp de familias e que engado a continuación.





mércores, 1 de decembro de 2021

Xornadas formativas para familias e profesionais

Estimadas familias:

Dende o CEIP Nosa Señora dos Remedios estamos a poñer en marcha unha Escola de familia dixital, co obxectivo de ir respondendo ás vosas dúbidas e achegarvos orientacións que faciliten o éxito persoal e académico das vosas fillas e fillos.

Neste sentido, o Concello de Ponteareas organiza esta tarde unhas Xornadas informativas. Se tedes dúbidas sobre como establecer rutinas, como pode afectar o uso execesivo da tecnoloxía, como potenciar a intelixencia emocional, a comunicación asertiva... podedes asistir hoxe, 1 de decembro, ás 16:30 no Auditorio.




venres, 3 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publicou na súa web unhas recomendacións para pasar o mellor posible a situación de emerxencia sanitaria polo COVID 19.

Para acceder a elas pincha aquí.

XOGOS A PARTIR DOS 6 ANOS PARA FOMENTAR AS CONVERSAS

  A importancia da comunicación na familia e a escola A comunicación dentro da familia é fundamental para manter unha convivencia feliz. Can...