Bitácora do departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe As Veigas de Ponteareas (Pontevedra)
luns, 20 de decembro de 2021
4 agasallos
Normas de uso de Whatsapp
Whatsapp é unha ferramenta moi útil para comunicarnos na nosa vida privada, no traballo, a nivel escolar..., pero que como en calquera interacción social, require dunhas normas de bo uso para que non se produzan situacións ofensivas, insultos ou difamacións.
Neste sentido, o sindicato ANPE lanzou unha campaña na que nos achega un decálogo de boas prácticas de uso de Whatsapp de familias e que engado a continuación.
mércores, 1 de decembro de 2021
Xornadas formativas para familias e profesionais
Estimadas familias:
Dende o CEIP Nosa Señora dos Remedios estamos a poñer en marcha unha Escola de familia dixital, co obxectivo de ir respondendo ás vosas dúbidas e achegarvos orientacións que faciliten o éxito persoal e académico das vosas fillas e fillos.
Neste sentido, o Concello de Ponteareas organiza esta tarde unhas Xornadas informativas. Se tedes dúbidas sobre como establecer rutinas, como pode afectar o uso execesivo da tecnoloxía, como potenciar a intelixencia emocional, a comunicación asertiva... podedes asistir hoxe, 1 de decembro, ás 16:30 no Auditorio.
XOGOS A PARTIR DOS 6 ANOS PARA FOMENTAR AS CONVERSAS
A importancia da comunicación na familia e a escola A comunicación dentro da familia é fundamental para manter unha convivencia feliz. Can...
-
Esta semana tivemos a oportunidade de asistir a dúas charlas impactante na que varios refuxiados contaron as súas experiencias s...
-
A importancia da comunicación na familia e a escola A comunicación dentro da familia é fundamental para manter unha convivencia feliz. Can...